Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 130/78 e tres máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión do xurado provincial o día 11 de xaneiro de 2021, figuran os seguintes acordos:

– Monte Mosteiro (expediente 130/78), pertencente aos veciños do lugar de Mosteiro, na parroquia de Mosteiro, concello de Navia de Suarna.

O 4 de xuño de 2019, tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se revise o esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 2 de marzo de 2020. O 6 de abril de 2020, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_43) en que a superficie do monte de Mosteiro pasa a ser de 174,45 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Unha vez examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Lamabranca, Lagoa e Paramelo (expediente 43/80), pertencente aos veciños da parroquia de Coeses, concello de Lugo.

O 3 de xullo de 2019, tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se revise o esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 8 de xuño de 2020. O 12 de xuño de 2020, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_51) en que a superficie do monte de Lamabranca, Lagoa e Paramelo pasa a ser de 137,7 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Unha vez examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte de Seoane (expediente 107/77), pertencente aos veciños do lugar de Seoane, na parroquia de Lamas de Moreira, concello da Fonsagrada.

O 8 de maio de 2018, tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se revise o esbozo conforme a documentación que achega. Así mesmo, o 13 de xuño de 2019, a comunidade presentou unha solicitude complementaria da anterior. O 18 de maio de 2020, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2018_41) en que a superficie do monte de Seoane pasa a ser de 188,4 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Unha vez examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– Monte As Casas do Río (expediente 106/78), pertencente aos veciños do lugar das Casas do Río, na parroquia de Son, concello de Navia de Suarna.

O 23 de outubro de 2018, tivo entrada unha solicitude asinada polos dous comuneiros das Casas do Río coa finalidade de revisar o esbozo conforme a documentación que achegan. O 30 de agosto de 2019, a comunidade presentou unha nova proposta de esbozo, tras serlle requirida unha emenda. O 4 de decembro de 2020, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2018_82) en que a superficie do monte das Casas do Río pasa a ser de 64 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Unha vez examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 19 de xaneiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Croquis revisado del MVMC Mosteiro

missing image file

ANEXO II

Esbozo revisado do MVMC Lamabranca, Lagoa e Paramelo

missing image file

ANEXO III

Esbozo revisado do MVMC Seoane

missing image file

ANEXO IV

Esbozo revisado do MVMC As Casas do Río

missing image file