Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 7 de xaneiro de 2021 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola de varias parcelas no termo municipal de Quiroga.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2021, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 1049, 1136, 1137 e 1238 do polígono 39, do termo municipal de Quiroga.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 21 de decembro de 2020.

Lugo, 20 de xaneiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo