Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7055

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación das competencias do Concello de San Amaro para a recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas.

O Pleno da Corporación Provincial, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de novembro de 2020, aceptou por unanimidade a delegación do Concello de San Amaro na Deputación Provincial do exercicio das competencias para a recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publícase o citado acordo, nos seguintes termos:

«Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de San Amaro a favor da Deputación Provincial, mediante Acordo plenario do 29 de setembro de 2020, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de San Amaro, sendo, en todo caso, de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión do dito procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello debería remitir as oportunas certificacións do descuberto do tributo a que se refire.

c) A taxa que ten que satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme o establecido no artigo 6, alínea b), da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.

d) A presente delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia durante un prazo de catro anos e prorrogarase tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga».

Ourense, 11 de decembro de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense