Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7053

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Bóveda.

A Deputación Provincial de Lugo, no pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007, adoptou o acordo polo que aproba a proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, que foi modificado polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do día 19 de febreiro de 2008, publícanse as citadas bases, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Bóveda, que tamén foron publicadas no Diario Oficial de Galicia número 46, do día 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286, do día 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases, e a última publícase no BOP núm. 267, do 21 de novembro de 2018.

O Concello de Bóveda amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal, na sesión plenaria extraordinaria do día 30 de outubro de 2020, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto da Presidencia do 25 de novembro de 2020), segundo o teor literal seguinte:

«Primeiro. Aceptar a delegación do Concello de Bóveda, a partir da publicación no BOP e no DOG, que literalmente di:

“Primeiro. Aceptar a delegación de competencias na Deputación Provincial da xestión en período voluntario do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana plusvalía, conforme ás bases aprobadas pola Deputación Provincial de Lugo.

Segundo. Acordar a publicación da presente delegación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia”».

Lugo, 12 de xaneiro de 2021

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 24.7.2019)
Mayra García Bermúdez
Deputada delegada de Economía, Recadación, Facenda e especial de Contas