Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de reforma interior do casco vello de Vigo, na zona da Panificadora (expediente 16219/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 21 de decembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación definitiva á modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do casco vello de Vigo, na xona da Panificadora», instrumento urbanístico de iniciativa pública promovido por esta administración e redactado polos ganadores do concurso de ideas Salgado & López, S.L., que inclúe a documentación presentada no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 2.12.2020 (doc. núm. 200255258), consistente en dous exemplares en soporte dixital (en formatos pdf e editable) do documento da modificación puntual para a aprobación definitiva do Plan especial de protección e reforma interior do casco vello de Vigo, na zona da Panificadora, asinada dixitalmente coas sinaturas válidas dos arquitectos Celso López Martín e Jorge Salgado Cortizas, con data de novembro de 2020.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG (o informe ambiental estratéxico foi publicado no DOG núm. 72, do 13 de abril de 2018) e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento, definitivamente aprobado en soporte dixital e debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Unha vez recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial de Pontevedra.

Terceiro. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible na páxina web do Concello de Vigo, nun enlace ad hoc creado e inserido para os ditos efectos, e no portal de transparencia.

Cuarto. Notificar individualmente o presente acordo na forma prevista no artigo 184.4 in fine do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Quinto. Contra o presente acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da LRXCA, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se consideren convenientes.

Para os efectos do disposto no punto terceiro da parte dispositiva deste acordo, a ligazón en que se poderá consultar a documentación íntegra aprobada definitivamente é a seguinte: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/

Vigo, 28 de decembro 2020

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo