Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle de parcela situada en San Cibrao das Viñas.

Aprobado inicialmente con data do 18 de xaneiro de 2021 o estudo de detalle na SE-VI redactado por José Antonio Piñeiro Carrera, referido á parcela de referencia catastral 3137030NG9834S0001HY situada na rúa Principal de San Cibrao das Viñas, a fin de desenvolver as determinacións e previsións do planeamento co obxecto de reaxustar aliñacións.

En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión do 13 de abril de 2018 e conforme o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello https://sancibrao.sedelectronica.es

A aprobación inicial do estudo de detalle implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

San Cibrao das Viñas, 25 de xaneiro de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde