Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 303/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 303/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jesús Cerqueiro Pintos contra Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia 061, Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., e Fidelis Servicios Integrales, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Alzar a suspensión acordada no presente procedemento.

– Citar as partes para que comparezan o día 18.11.2021, ás 11.05 horas, na sede deste xulgado, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar avinza, o día 18.11.2021, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificios xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtase ás partes de que en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, considerarase que o demandante non comparecido desiste da súa demanda. A non comparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, e continuará o procedemento sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

En canto á proba, observarase o acordado na Resolución do 16.12.2019, e remitiranse as citacións oportunas cos apercibimentos legais realizados na citación inicial.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

– Dada a capacidade das salas vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e no Acordo gobernativo do 20.5.2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes e fágaselles facéndoos saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021.

A letrada da Administración de xustiza