Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 302/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 302/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Alvarellos García contra Sitel Ibérica Teleservices, S.A.; Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L.; Global Sales Solutions Line, S.L.; Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos, S.L.; Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Fondo de Garantía Salarial, Teleaction, S.A. e Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Alzar a suspensión acordada no presente procedemento.

– Citar as partes para que comparezan o día 18.11.2021, ás 10.35 horas, na sede deste xulgado, edificio dos xulgados, para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 18.11.2021, ás 10.40 horas, na planta baixa, sala de vistas do edificio dos xulgados, para a realización do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtanse as partes de que, no caso de non comparecer nin alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será dado por desistido da súa demanda e non impedirá a realización dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia do demandado, continuará o procedemento sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Canto á proba, téñase en conta o acordado na Resolución do 11.2.2020 e remítanse as citacións oportunas cos apercibimentos legais realizados na citación inicial.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a S.Sª da sinalización efectuada.

– Dado o aforamento das salas vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no art. 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e o acordo gobernativo do 20.5.2020 co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade, recoméndaselles aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e a saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza