Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 831/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 831/2017, por instancia de Joaquín Alfonso Neira García contra Neiracartón sobre PO, en que se ditou sentenza con data do 17 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

Desestímase a demanda interposta por Joaquín Alfonso Neira García fronte á empresa Neiracartón, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial; estímase a excepción de falta de xurisdición da orde xurisdicional social para coñecer da cuestión formulada e absólvese a empresa demandada das pretensións exercidas fronte a ela.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Neiracarton, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza