Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 131/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 131/2020

Procedemento orixe: DSP despedimento/cesamentos en xeral 948/2019

Sobre despedimento

Eu, David Santos Río, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 131/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Díaz Fernández contra Transportes Rábade, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Fernando Díaz Fernández coa empresa Transportes Rábade, S.L., condenando a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Indemnización: 1.744,45 euros.

Salarios de tramitación: 16.977,60 euros.

Mensualidade setembro 2019 máis xuros moratorios: 1.285,13 euros.

Mensualidade outubro 2019 máis xuros moratorios: 298,66 euros.

Vacacións máis xuros moratorios: 102,39 euros.

En total, 20.408,23 euros.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Rábade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficiar de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 4 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza