Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6043

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1793/2018-RCUD 101/2019-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1793/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 568/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: José Ángel Pérez Pereira

Avogado: Alberto Muñoz Rodríguez

Recorridos: Fogasa, Novanam Limited, Pescanova, S.A., Skeleton Coast Trawling Pty Lda. (Pescamar Ltda.), Nueva Pescanova, S.L., Pesquerías Belnova, S.A.

Avogado: letrado do Fogasa, Ricardo Estrada Ibars

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1793/2018 RCUD 101/2019-S, seguido por instancia de José Ángel Pérez Pereira, sobre despedimento disciplinario, a Sala Cuarta do Tribunal Supremo ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Alberto Muñoz Rodríguez, en nome e representación de José Ángel Pérez Pereira, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de marzo de 2019, no recurso de suplicación número 1793/2018, interposto por José Ángel Pérez Pereira, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo do 22 de decembro de 2017, no procedemento número 568/2016 seguido por instancia de José Ángel Pérez Pereira contra Pescanova, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Skeleton Coast Trawling Pty Lda. (Pescamar Limitada), Pesquerías Belnova, S.A., Novanam Limited e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impuganda, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novanam Limited, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza