En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Consello da Economía Social de Galicia o 17 de decembro de 2020,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a María del Mar Pernas Márquez, en representación da economía social.
Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente