En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Consello da Economía Social de Galicia o 17 de decembro 2020,
DISPOÑO:
Artigo único
Que cese, como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Antón Insua López, en representación da economía social.
Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente