O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro a decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021
Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro do ano 2020
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de estudos e outras actuacións específicas de fomento da sustentabilidade na minaría. |
14.10.2020 |
40.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela para a realización de varias actuacións para o impulso e apoio ao comercio e a artesanía no marco do Xacobeo 2021. |
6.11.2020 |
120.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control e calidade dos hidrocarburos en Galicia (anos 2021 e 2022). |
30.12.2020 |
703.591,92 € |