Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5058

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4189/2020).

Na Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita na Sección Segunda como procedemento ordinario número 4189/2020, por J.R.P.R. fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, contra a Orde do 1 de xuño de 2020 que aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Guitiriz (Lugo).

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación con data do 28 do actual e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnado.

A Coruña, 30 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza