Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5057

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4171/2020).

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo número 4171/2020 por M.J.P.A., fronte ao Concello de Vigo (Pontevedra), contra o acordo do Pleno Municipal do 29 de xullo de 2020, de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación con data do 28 do actual e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 30 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza