Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2019/238-4).

Feitos:

Primeiro. O 21 de decembro de 2019, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste nunha liña de media tensión subterránea de 48 metros a 20 kV e nun centro de transformación de 100 kVA. As obras sitúanse no lugar de Cristelos, na parroquia de Barrantes, no concello de Tomiño (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

Terceiro. O 4 de febreiro de 2020, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a declaración de utilidade pública do expediente IN407A 2019/238-4 por problemas de permisos.

Cuarto. O 15 de maio de 2020, UFD achega unha modificación na relación de bens e dereitos afectados onde actualiza a afección dos terreos afectados.

Quinto. Mediante escrito do 3 de xuño de 2020, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora. Ademais, para aqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, o 16 de xuño de 2020 e o 19 de xuño de 2020 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, respectivamente, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Sexto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 3 de xuño de 2020 publicada nos seguintes medios:

DOG: 6 de xullo de 2020.

BOPPO: 22 de xuño de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 26 de xuño de 2020.

Tamén se remitiu para a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Tomiño o 8 de xuño de 2020.

Sétimo. O 8 de xullo de 2020, José González Troncoso alega que non é titular da parcela con referencia catastral 36054A020004530000EH. Destas alegacións, dáse traslado á empresa promotora que, o 22 de setembro de 2020, achega unha nova relación de bens e dereitos afectados. Nesta modificación indica que a parcela número 1 é de titularidade de José González Troncoso e a parcela número 2 de Carmen Giráldez Fernández.

Oitavo. O 23 de setembro de 2020, esta xefatura territorial comunicou a modificación da relación de bens e dereitos afectados ás persoas que nela figuraban. Deuse un novo prazo de 30 días para achegar as alegacións que considerasen oportunas.

Noveno. O 27 de outubro de 2020, José González Troncoso aclara que tampouco é titular da parcela con referencia catastral 36054A0200004520000EU. Desta nova alegación, dáse traslado a UFD que presenta unha nova modificación da relación de bens e dereitos afectados.

Décimo. O 18 de novembro de 2020, os servizos técnicos desta xefatura emitiron un informe favorable sobre o proxecto da LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas máis salientables do proxecto LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo, para o cal UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, son:

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 48 metros de lonxitude, con orixe no PAS que se vai instalar no apoio HV/1000/14 do tramo ROS8030132 da LA-56, na derivación ao CT Cristelos e final na cela no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 100 kVA.

As instalacións están situadas no lugar de Cristelos, na parroquia de Barantes, no concello de Tomiño (Pontevedra).

Cuarto. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o seu contido e as respostas do promotor, exponse que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiatorio, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de decembro de 2020

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra