Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/207-4).

Feitos:

Primeiro. O 4 de novembro de 2019, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada reforzo LMTS MUR809 entre a subestación de Mourente e o poste A2GYD9RV//D1.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste no reforzo do tramo de liña subterránea de medita tensión de MUR809; refacer o paso aéreo subterráneo de MUR809; substitución do cable subterráneo existente de MUR809 por cable RHZ1(S)-240 no interior do recinto da subestación de Mourente (221 metros) e por cable RHZ1(S)-240 na lonxitude restante (2.708 metros). As obras realízanse no casco urbano do concello de Pontevedra, con inicio na subestación de Mourente e final no poste existente A2GYD9RV//D1.

Segundo. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 24 de novembro de 2019 publicada nos seguintes medios:

DOG: 16 de decembro de 2019.

BOPPO: 8 de xaneiro de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 27 de decembro de 2019.

Taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra desde o 28 de novembro de 2019 ao 15 de xaneiro de 2020 conforme o certificado expedido polo propio concello.

Terceiro. Mediante escrito do 24 de novembro de 2019, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida á Deputación Provincial de Pontevedra, afectada pola declaración de utilidade pública conforme a relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. Ademais, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas polas obras. A empresa promotora manifestou á súa conformidade cos condicionados establecidos.

Quinto. O 3 de xaneiro de 2020, Antonio Torrón Casal, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, presentou un escrito de alegacións onde aclara que a parcela afecta foi cedida en uso á Deputación Provincial de Pontevedra pola Orde ministerial do 17 de maio de 1988 da Dirección Xeral de Portos e Costas do Estado (Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo).

Sexto. O 15 de xaneiro de 2020, trasladouse as alegacións presentadas pola Deputación Provincial de Pontevedra á UFD Distribución Electricidad, S.A. que achegou unha modificación na relación de bens e dereitos afectados, pasando a figurar como titular da parcela afectada o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar (rúa San José, 6, 36071 Pontevedra).

Sétimo. O 7 de febreiro de 2020, o Servizo Provincial de Costas en Pontevedra recibiu o escrito no que se informa da afectación da parcela pola solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública realizada por UFD Distribución Electricidad, S.A. Cabe indicar que ata esta data non consta ningunha contestación.

Oitavo. Durante o trámite de información pública non se recibiron máis alegacións.

Noveno. Os servizos técnicos da xefatura territorial á vista da documentación contida no expediente emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas máis salientables do proxecto reforzo LMTA MUR809 entre a subestación de Mourente e o poste A2GYD9RV//D1, para o cal UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, son:

LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ, de 221 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña de media tensión da saída da subestación de Mourente correspondente a MUR809 e final no empalme que se vai realizar na arqueta situada no exterior do recinto da subestación. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ, de 2.708 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Mourente e final no paso aéreo subterráneo no poste A2GYD9RV//D1.

As instalacións están situadas no lugar de Mourente, no concello de Pontevedra.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada reforzo LMTA MUR809 entre a subestación de Mourente e o poste A2GYD9RV//D1, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de decembro de 2020

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra