Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 137/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 137/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Miranda Miranda contra Fermín Group Ibérica, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020.

Parte dispositiva

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Antonio Miranda Miranda, fronte a Fermín Group Ibérica, S.L. e Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LRXS e conforme solicitou na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020.

Despois de presentar o traballador José Antonio Miranda Miranda escrito en que exixía que o empresario Fermín Group Ibérica, S.L. cumprise a obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 15.12.2020, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 2.3.2021, ás 13.50 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias núm. 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Fermín Group Ibérica, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que está en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza