Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 462/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Florin Constantineasa contra Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., José Carlos Estévez Lago, María de los Ángeles Martínez Rial, Segaprel, S.L., Maderas y Leñas Arosa, S.L., Francisco Arosa Barbeira, Hermer Bernardo Lino Vasquez, Jorge Luis Somoza Lazare, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 462/2014, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Segaprel, S.L. e a Hermer Bernardo Lino Vasquez, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 4 de maio de 2021, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Segaprel, S.L. e a Hermer Bernardo Lino Vasquez, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza