Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (843/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 843/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución, cuxa decisión é a seguinte:

« Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Magdalena Maira Núñez fronte a Omniocio, S.L.U., e en consecuencia:

1. Condénase a parte demandada a comunicar á demandante cada ano a distribución da súa xornada e descansos conforme o disposto nos artigos 12.4.a) do ET, así como artigos 54 e concordantes do Convenio colectivo do sector de lecer educativo e animación sociocultural; condénase, así mesmo, á parte demandada informar á demandante das vacantes existentes para efectos de ampliar a súa xornada conforme as previsións dos artigos 12.5.e) do ET e 32 do convenio referido.

2. Condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 6.000 euros en concepto de indemnización pola infracción dos seus dereitos laborais.

4. Condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.389,67 euros por diferenzas salariais, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Omniocio, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza