Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (969/2019).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 969/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de D/Dª contra a empresa Globaltec Enterprises, S.L., sobre ordinario, se ditou seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

Sentenza.

Na Coruña, 6 de novembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xueza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos 969/2019, seguidos por instancia de Yohan Sanluis Martínez contra a entidade Globaltec Enterprises SL e Fogasa.

Decido:

Estímase a demanda presentada por instancia de Yohan Sanluis Martínez contra a entidade Globaltec Enterprises, S.L., e en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade total de 5.685,64 euros en concepto de salarios e a de 510,54 euros en concepto de indemnización por despedimento, máis o xuro legal do 10 % establecido no artigo 29.3 do ET; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e sina.

A Coruña, 7 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza