Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (480/2019).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 480/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Costas Estévez contra a empresa Maderas y Molduras de Las Cinco Jotas, S.L., Fogasa, Luz Del Sur Inversiones, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

Dispoño: declarar a falta de competencia deste xulgado do social para coñecer da demanda formulada por José Manuel Costas Estévez contra Maderas y Molduras de Las Cinco Jotas, S.L., Fogasa, Luz Del Sur Inversiones, S.L. e declarar a competencia do Xulgado do Social de Vigo para o seu coñecemento, previndo ás partes que poden usar o seu dereito ante o referido órgano.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas y Molduras De Las Cinco Jotas, S.L., Luz del Sur Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza