Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 903/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Carlos Enrique González Paz contra Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 903/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de xaneiro de 2021, ás 12.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza