Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (282/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 282/2020 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«A Coruña, 11 de decembro de 2020.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, logo de ver o presente procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 282/2020 por instancia de María Jesús Méndez Viña, que comparece por si mesma asistida da letrada María Irene Bonet González contra o Fondo de Garantía Salarial e Confecciones Torres Tasende, S.L., que non comparecen malia constaren citados na forma legal, no nome do rei pronunciou a seguinte sentenza:

Resolvo:

Acéptase a demanda interposta por María Jesús Méndez Viña fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos do 27.2.2020.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 14.747,37 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, condénase a empresa a lle aboar á parte demandante a cantidade de 11.024,64 euros correspondente aos salarios de tramitación desde o despedimento ata a data desta resolución.

Respecto do Fogasa, débese ter en conta a responsabilidade establecida no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza. Advírtase o recorrente, que for entidade xestora e tivese sido condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, que ao anunciar o recurso deberá xuntar a certificación acreditativa de que comeza o aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tivese sido condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo da determinación por esta do seu importe, unha vez lle sexa comunicada polo xulgado.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Confecciones Torres Tasende, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza