Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 292/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 292/2020 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«A Coruña, 10 de decembro de 2020

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, tendo visto o presente procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 292/2020 por instancia de Ana Rosa Souto Calvo, que comparece por si mesma asistida da letrada María Irene Bonet González contra o Fondo de Garantía Salarial e Confecciones Torres Tasende, S.L., que non comparecen a pesar de constaren citados en legal forma, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido:

Estimar a demanda interposta por Ana Rosa Souto Calvo contra a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos do 27 de febreiro de 2020.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa demandada.

3. Condénase á empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 29.217,60 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, condénase a empresa a aboar á parte demandante a cantidade de 11.646,46 euros correspondente a salarios de tramitación desde o despedimento ata a data desta resolución.

Respecto ao Fogasa, atenderase á responsabilidade establecida no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza. Advírtase ao recorrente que sexa entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico que, ao anunciar o recurso, deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente en canto dure a tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Torres Tasende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza