Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2495

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares.

O máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), estableceuse por Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de setembro de 2020 no Boletín Oficial del Estado do 17 de setembro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 21 de abril, resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4317349.

Plan de estudos que se inicia no curso 2020/21.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)..................................................

Prácticas externas (PE)………....……………...

Traballo fin de máster (TFM)……….………..…

Total……………………………………………….

48

0

6

6

60

3. Contido do plan de estudos:

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Organización e Autonomía dos Centros Escolares

OB

3

Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos

OB

3

Liderado e Dirección de Centros Escolares

OB

3

Investigación Cualitativa en Educación

OB

3

Investigación-Acción e Innovación

OB

3

Investigación Cuantitativa

OB

3

Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación e Diagnose das Institucións Escolares

OB

3

Avaliación de Materiais Curriculares

OB

3

Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de Mellora

OB

3

Tecnoloxías Dixitais nos Centros Educativos

OB

3

O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro

OB

3

Planificación Estratéxica dos Procesos na Xestión de Calidade: Proxectos de Dirección

OB

3

Escola e os demais Axentes Educativos: Interaccións

OB

3

Xestión de Recursos Humanos, Económicos e Administrativos

OB

3

Formación Docente e Comunidades de Aprendizaxe

OB

3

A Construción Histórica do Sistema Educativo: Políticas Educativas, Reformas e Dirección de Centros

OB

3

Prácticum

PE

6

Traballo fin de máster

TFM

6

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral, e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola Universidade da Coruña.