Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 534/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 534/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María del Rosario Vázquez Zubia contra a empresa Feca-Neón S.L., Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza.

A Coruña, 19 de outubro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, os presentes autos número 534/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de María del Rosario Vázquez Zubia, asistido polo letrado Sr. contra Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L. e Feca-Neón, S.L.

Decido:

Estímase a demanda interposta por María del Rosario Vázquez Zubia contra Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L. e Feca-Neón, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 17 de xuño de 2020, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada, Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L., a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 76,34 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 54.964,60 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Feca-Neón, S.L., Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L. e a Carlos Alfonso García Sanmartín, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da ouficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza