Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 32/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 32/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Magdalena Magdalena contra a empresa Escribanos de Gordon, S.L.U., sobre ordinario, se ditou Sentenza con data do 3 de decembro de 2020 impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escribanos de Gordon, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza