Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 30/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de procedemento ordinario baixo o número 30/2019, no cal figura como interveniente Discalvo, S.L., en que se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 22 de marzo de 2021, ás 8.55 e 9.00 horas, respectivamente.

Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza