Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 214/2019, por instancia de Maribel Martínez Mella contra a executada María Carmen Varela Becerra, se ditou, o día 10 de decembro de 2020, decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza