Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 31/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 31/2020 deste xulgado se ditou Auto de data 9 de decembro de 2020, contra o cal se poderá interpor recurso de reposición no prazo de tres días. Fáiselle saber ao interesado que poderá ter coñecemento íntegro da devandita resolución, así como da demanda executiva na Secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Víctor Manuel Rodríguez Soto, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza