Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de decembro de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio do expediente de caducidade de autorización de atracada número P9-004E nas instalacións do porto deportivo de Ribadeo.

Con data do 16 de novembro de 2020, a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Marino José Rodríguez Suárez.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para os efectos deste expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, e o seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, por un tempo superior ao previsto nesas normas.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, perante o instrutor designado no expediente, e para estes efectos outórgase un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para aboar as ditas cantidades, poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia