Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado o documento da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Barro –Documento para a segunda aprobación provisional– de novembro de 2020, coas modificacións introducidas para dar cumprimento aos informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, mediante o Acordo do Pleno, do 25 de novembro de 2020, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello no enderezo https://barro.sedelectronica.gal.

Barro, 11 de decembro de 2020

Xosé M. Fernández Abraldes
Alcalde