Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 741/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 741/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Daniel de Vega Díaz, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«A Coruña, vinte de outubro de dous mil vinte.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, tras ver o presente procedemento ordinario 741/2018 por instancia de José Luis Iglesias Saavedra, asistido da letrada Ana Cristina Veiga Sánchez contra Daniel de Vega Díaz e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Decisión

Que estimo integramente a demanda interposta por José Luis Iglesias Saavedra fronte a Daniel de Vega Díaz, con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a suma de 580 euros, máis o 10 % en concepto de xuro de mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e fronte a ela non cabe recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Daniel de Vega Díaz, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza