Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1681

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas de persoal licenciado sanitario de atención especializada.

A Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018 (DOG nº 240, do 18 de decembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UXT e CSIF sobre a selección temporal de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, mediante vinculación temporal, de diversas prazas de facultativo especialista de área das especialidades que se relacionan no anexo.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, no Rexistro Xeral da devandita xerencia, situado no Hospital Arquitecto Marcide, avenida de la Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, no punto de atención ao/á traballador/a (PAT), así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 29 de decembro de 2020

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Especialidade

Prazas

Nomeamento

Análises Clínicas

1

Interinidade en praza vacante

Anestesia e Reanimación

3

Interinidade en praza vacante

Anxioloxía e Cirurxía Vascular

1

Interinidade en praza vacante

Cardioloxía

3

Interinidade en praza vacante

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

2

Interinidade en praza vacante

Dermatoloxía

1

Reserva de propietario/a

Endocrinoloxía e Nutrición

1

Interinidade en praza vacante

Farmacia Hospitalaria

1

Reserva de propietario/a

Medicina Física e Rehabilitación

3

Interinidade en praza vacante

Medicina Interna

1

Interinidade en praza vacante

Microbioloxía e Parasitoloxía

2

Interinidade en praza vacante

Nefroloxía

1

Interinidade en praza vacante

Neuroloxía

3

Interinidade en praza vacante

Obstetricia e Xinecoloxía

1

Interinidade en praza vacante

Oftalmoloxía

2

Interinidade en praza vacante

Oncoloxía Médica

2

Interinidade en praza vacante

Otorrinolaringoloxía

1

Interinidade en praza vacante

Pneumoloxía

2

Interinidade en praza vacante

Radiodiagnóstico

1

Interinidade en praza vacante