Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 261/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 261/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Cancelo López contra Fermin Group Ibérica, S.L., Colaper Personal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditouse a seguinte resolución:

Que estimando a demanda presentada por instancia de José Antonio Cancelo López contra as entidades Fermin Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L. e Fogasa, condeno as mercantís demandadas solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento, de ser o caso, dos salarios de tramitación a razón de 60,84 €/día desde o día do despedimento ata a data de notificación da sentenza ou ben, á elección da empregadora, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 1.840,56 euros, en concepto de indemnización.

A opción referida entre a readmisión e a indemnización deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, debo condenar e condeno as mercantís demandadas solidariamente a aboarlle ao demandante a suma de 648,60 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Impónselles ás demandadas a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na Oficina Xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fermin Group Iberica, S.L. e Colaper Personal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza