Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 212/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 212/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Barrio Campo contra Wearekling, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza 481/2020 con data do 24 de novembro de 2020, en que se estimaba a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Wearekling, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza