Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 661/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 661/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Solar Iglesias contra JML Economía, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 23 de xuño de 2021, ás 10.40 horas, na Secretaría deste xulgado, para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 23 de xuño de 2021, ás 10.45 horas na planta baixa, Sala de Vistas, Edificio de Xulgados, para a realización do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, terase por desistida da súa demanda, e advírtese igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización e continuarán estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propola e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

– Dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza e Acordo gobernativo do 20 de maio de 2020 co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade, recoméndaselles aos profesionais que lle comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propolos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a JML Economía, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza