Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1412

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 475/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 475/2020 deste xulgado do social ditou a resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: Auto do 4.12.2020.

Recurso e prazo: non cabe recurso ningún.

Empresa a que se notifica: Base 5 Cherbourg, ao parecer denominada agora Far Ouest Societé.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma legal a Base 5 Cherbourg, ao parecer denominada agora Far Ouest Societé, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza