Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de decembro de 2020 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/39/2014-RP2.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 29.12.2020, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/39/2014-RP2, tramitado pola realización de obras de reconstrución e unión de varias edificacións existentes para a implantación dun uso residencial, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Espiñeira, Aldán, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

As obras leváronse a cabo no predio con referencia catastral 36008A028002280000JU (parcela 228 do polígono 028) –que constitúe unha unidade funcional pechada en todo o seu perímetro xunto coas parcelas catastrais números 226 (con referencia 36008A028002260000JS), 429, 428 e parte da 427, do mesmo polígono, e que conta cun acceso polo noreste e está pechado cun portal identificado co número 6 de goberno–.

En cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase e notifícase aos posibles interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos posibles interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística