Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Taboada Integral, S.L. para unha explotación de porcas reprodutoras situada no concello de Mesía (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-91).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais, e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Taboada Integral, S.L.

– Documento de revisión de AAI.

Explotación porcina con capacidade para 1.116 reprodutoras para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-91.

Número da autorización ambiental integrada: 2008/0071_NAA/IPPC_247.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Taboada Integral, S.L.

NIF: B70156781.

Localización da instalación: lugar O Pazo-Castro, s/n, 15685 Mesía (A Coruña). Referencia catastral da parcela: 15048A510007720000KJ.

Actividade principal: explotación de porcas reprodutoras.

Descrición: a explotación está formada por 3 naves de xestación, 2 naves para partos e 2 naves para leitóns, e conta con capacidade para 1.116 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg e 2 verróns.

As porcas entran na explotación cun peso vivo de 115 kg; unha vez que se detecta o celo, son inseminadas. A continuación, transcorre o período de xestación e parto tras os cales as nais permanecen cos seus leitóns durante 28 días. Tras a desteta dos leitóns, as porcas volven incorporarse ao ciclo (excepto aquelas de rexeitamento) e os leitóns permanecen na explotación ata alcanzar os 20 kg.

O titular presenta un contrato con xestor autorizado para entregar o xurro xerado na explotación, así como parcelas agrícolas para valorizar parte del. A explotación conta con dúas fosas exteriores cubertas e cunha balsa exterior impermeable descuberta para o almacenamento dos xurros, ademais de fosas interiores nas naves de produción. O titular presentou un proxecto de cubrición con lámina de polietileno de alta densidade para a balsa exterior descuberta.

Verteduras: as augas de limpeza das instalacións e as augas xeradas nos aseos e vestiarios son enviadas, xunto cos xurros producidos na explotación, ás fosas interiores e posteriormente canalizadas á balsa de almacenamento de xurro exterior para a súa posterior xestión conxunta. As augas pluviais son vertidas directamente ao terreo.