Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Alberto Vázquez Vázquez para a explotación avícola de galiñas poñedoras situada no lugar de Vilaguillulfe, parroquia de Cartelos, concello de Carballedo (Lugo) (expediente 2019-IPPC-M-65).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Documentación do procedemento de revisión da autorización ambiental integrada de Alberto Vázquez Vázquez» para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-65.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0401_NAA/IPPC_096.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a).

Titular: Alberto Vázquez Vázquez.

CIF: 76617221N.

Enderezo social: Vilaguillulfe, núm 3, Cartelos. Carballedo (Lugo).

Localización da instalación: Vilaguillulfe, núm 3, Cartelos. Carballedo (Lugo).

Actividade principal: explotación avícola de galiñas poñedoras.

Descrición: a explotación dispón de 209.120 galiñas poñedoras distribuídas en 3 naves con sistema produtivo en gaiolas. Ademais, a instalación conta cunha nave de recollida de ovos, un depósito de auga, un grupo electróxeno e silos para o almacenamento do penso. Para garantir o almacenamento do esterco producido en 6 meses existe unha fosa cuberta e unha esterqueira cuberta conectada á dita fosa mediante unha canle interior.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos da instalación e as augas residuais resultantes da limpeza da nave de recollida de ovos son canalizadas a unha fosa estanca, que se baleirará cada 6 meses, para seren xestionadas coma fertilizante agrícola conxuntamente co esterco. As augas residuais da limpeza das naves mesturaranse co esterco producido e trasladaranse á esterqueira. As augas pluviais vértense directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves será valorizado coma fertilizante en parcelas de uso agrícola.