Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 118

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).

Mediante a Resolución do 28 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2020 as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Segundo o artigo 16.1 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, que se indican no anexo I, pola contía resultante, logo da aplicación do establecido nos artigos 5.3 e 13.4 e 5 das bases reguladoras, para os tipos de programas establecidos no artigo 5.1, e por un importe total de 624.799,89 euros, logo da ampliación de crédito realizada ao abeiro da Resolución do 4 de decembro, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a continuación:

Aplicación

Código de proxecto

Importe 2020

05.11.313B.481.2

2018 00004

624.799,89 €

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras, ou por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada. Utilizarase para tal efecto o anexo V.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que outorgue a Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias, e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión e, en todo caso, na anualidade 2020.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de febreiro de 2022.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través de conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23, ademais do anexo VI.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2021.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, conforme o previsto nos artigos 7 g) e 11 i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Número de expediente

Entidade

NIF

Denominación do programa

Importe solicitado

Valoración total

Importe de concesión

SI452A-2020-00000041-00

Cáritas Diocesana de Santiago (Agrupación C. D. Santiago e C.D. Ourense)

R1500053B

Programa de educación para a saúde e apoio á muller-Avelaíña

75.000,00 €

94,5

56.169,82 €

SI452A-2020-00000049-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Apoderamento a mulleres en situacións de dificultade social

98.080,21 €

92,5

54.981,03 €

SI452A-2020-00000062-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

G15068091

Sumando desde o rural. Programa de capacitación a mulleres xordas do rural

54.256,63 €

91

54.089,45 €

SI452A-2020-00000013-00

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

Atención integral á muller con cancro

75.000,00 €

84,5

33.483,94 €

SI452A-2020-00000031-00

Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade-(Cogami)

G32115941

Activa-das. Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

75.000,00 €

84,5

33.483,94 €

SI452A-2020-00000018-00

ACCEM

G79963237

Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituídas

64.144,16 €

82,5

32.691,43 €

SI452A-2020-00000032-00

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

Programa dirixido a promover a saúde integral das mulleres

75.000,00 €

79,5

31.502,64 €

SI452A-2020-00000052-00

Ecos do Sur

G15354483

Olimpia III

74.691,57 €

78

30.908,25 €

SI452A-2020-00000060-00

Médicos del Mundo

G79408852

Tratamento de saúde integral a mulleres en situación de prostitución

73.011,00 €

78

30.908,25 €

SI452A-2020-00000011-00

Fundación Ronsel

G15752660

Xerentas: apoderamento da muller a través da promoción do autoemprego

60.929,08 €

74

14.661,61 €

SI452A-2020-00000023-00

Fundación Anar

G80453731

Teléfono Anar contra a violencia de xénero da Comunidade Autónoma de Galicia

28.398,34 €

74

14.661,61 €

SI452A-2020-00000006-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Programa calí, pola igualdade das mulleres xitanas

63.067,98 €

71

14.067,22 €

SI452A-2020-00000003-00

Asociación Mujeres en Igualdad Burela

G27441153

Enténdote, colle a miña man! III

75.000,00 €

69

13.670,96 €

SI452A-2020-00000005-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente

G32122376

Elas-apoderamento, liberdade, autoestima, solidariedade

75.375,22 €

69

13.670,96 €

SI452A-2020-00000010-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur-Galicia

G70101647

Participación activa das mulleres rurais de Galicia

67.018,12 €

69

13.670,96 €

SI452A-2020-00000035-00

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Visitador@s interculturais

62.352,36 €

65

12.878,44 €

SI452A-2020-00000015-00

Fundación Acción contra el Hambre

G81164105

Vives emplea: competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión

50.213,00 €

64

12.680,30 €

SI452A-2020-00000024-00

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

Muller avanza

75.000,00 €

64

12.680,30 €

SI452A-2020-00000020-00

Red española de entidades por el empleo Red Araña

G58579806

Muller TIC

41.134,09 €

63,5

12.581,24 €

SI452A-2020-00000048-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

A voz da igualdade

21.857,88 €

63,5

12.581,24 €

SI452A-2020-00000016-00

Fundación Amigó

G81454969

Prevención e atención da violencia contra a muller no ámbito familiar

25.000,00 €

63

12.482,18 €

SI452A-2020-00000058-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Itinerarios de apoderamento para mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade

75.000,00 €

62,5

12.383,11 €

SI452A-2020-00000008-00

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector -Igaxes

G15784978

Programa de prevención para o desenvolvemento integral da sexualidade da muller

62.225,84 €

61,5

12.184,98 €

SI452A-2020-00000039-00

Apetamcor

G32026056

Programa Áncora

85.317,49 €

61,5

12.184,98 €

SI452A-2020-00000014-00

Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña

G27262799

Velando pola miña saúde integral II

20.000,00 €

61

12.085,92 €

SI452A-2020-00000027-00

ONG Mestura

G15940414

Programa Saimi (saúde integral a mulleres inmigrantes), edición II

9.705,84 €

60,5

9.705,84 €

SI452A-2020-00000042-00

Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia

G27820182

Ti, tránsito cara á túa liberdade, programa de apoderamento e capacitación sociolaboral para mulleres trans de Galicia

59.884,54 €

60,5

11.986,85 €

SI452A-2020-00000047-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Achégate á rede

12.936,00 €

60,5

11.986,85 €

SI452A-2020-00000009-00

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

Formación universitaria para mulleres coa síndrome de Down e diversidade intelectual para a mellora da súa capacitación e empregabilidade

25.000,00 €

60

11.887,79 €

SI452A-2020-00000063-00

Asociación Amicos

G15747678

Apoderando a mulleres do rural con discapacidade

30.000,00 €

60

11.887,79 €

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desistidas

Número de expediente

Nome

NIF

Motivo de denegación ou desistencia

SI452A-2020-00000001-00

Alar Galicia

G15775901

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000002-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000004-00

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000007-00

Adicam

G36380301

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000012-00

Asociación de Mulleres para a Igualdade e a Visibilidade Lésbica

G70563143

Non responder o requirimento

SI452A-2020-00000017-00

Asociación de acción social, educación perm. y de serv. a la juventud y a la mujer Tempus

G15681000

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000019-00

Xeracción s. coop. galega

F32479040

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000021-00

Fundación Amigó

G81454969

Renuncia expresa por duplicado

SI452A-2020-00000022-00

Aliad Ultreia

G27021120

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000025-00

Diaconia

R2802129C

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2020-00000026-00

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000028-00

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000029-00

Federación EFA Galicia

G15299357

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000030-00

Asociación Diversidades

G27783950

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000033-00

Asociación Socioeducativa para a Educación

G70067830

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000034-00

Asociacion Xarela Formación-Animación

G32261307

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000036-00

Asociación Mulleres Progresistas

G36657336

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000037-00

Asociación Labregas

G15945686

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000038-00

Asociación Deportiva Cultural Capoeira Angola

G70238746

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2020-00000040-00

Alume Saúde Mental

G27198977

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000043-00

Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible

G36984367

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000044-00

Centro Sociocultural Artístico e Recreativo de Valadares

G36617082

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000045-00

Ardai Educación y Terapia

G32456097

Non responder o requirimento

SI452A-2020-00000046-00

Asociación sociocultural ASCM

G15161573

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000050-00

Asociación Síndrome de Down de Lugo (Down Lugo)

G27202043

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000051-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor)

G32198970

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000053-00

Asociación Edeidades para a integración social e laboral da muller

G27431873

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000054-00

Viraventos

G70136429

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000055-00

Asdegal (Acción Solidaria de Galicia)

G27727593

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000056-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000057-00

Asociación de movilidad humana para la colaboración al desarrollo

G70464334

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000059-00

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000061-00

Asociación Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000064-00

Asociación de familiares de enfermos de alzheimer y otras demencias de Galicia

G36776920

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)

SI452A-2020-00000065-00

Asociación de mulleres Pedra da Vella

G36837433

Non acadan a puntuación mínima global (art. 13.4)