Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 25

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello da Veiga (expediente IN407A 2020/057-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial e enxeñeiro técnico Carlos González Pérez, colexiado nº 449 do COITI, en outubro de 2020 e con visado nº RG200251 con data do 16.11.2020 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Agricultura e Ganadería Lameiro, S.L.; CIF: B32375008.

Enderezo: praza do Concello nº 5, 32360 A Veiga-Ourense.

Denominación: ampliación e reforzo da LMT de distribución A Veiga-Chao das Donas.

Situación: concello da Veiga (Ourense).

Orzamento: 21.690,2 €.

Características técnicas: LMT de extensión da rede de distribución no polígono 129-A Veiga, en condutor tipo LA-30 sobre 3 novos apoios de formigón, con orixe no apoio existente, para substituír por celosía C-2.000-14, na LMT do expediente núm. 3129-AT de Eléctrica de Alberguería, S.A. A Veiga-Chao das Donas, e final no CT intemperie proxectado, de 25 kVA de potencia aparente e R/T: 20.000/400 V, con illamento en aceite mineral, situado no lugar Serra Seca, coordenadas UTM 29N X: 661130,03 Y: 4678840,36 datum ETRS 89.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, para tal fin a empresa distribuidora achegará a documentación de fin de obra que debe ir acompañada do documento que acredite a transmisión previa de instalacións.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 18 de novembro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.D. (Decreto 135/2017, artigo 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.