De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución:
Instalación: explotación avícola de 196.338 prazas de polos de ceba por ciclo produtivo |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: Aviporto, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2004/0071_AIA/IPPC_022 |
Localización: Toxibo-Gonzar, concello de Portomarín (Lugo) |
Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-55 |
Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático