Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 28

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G. para unha explotación avícola de galiñas reprodutoras en Vales, concello de Amoeiro (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-76).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de renovación de autorización ambiental integrada

«VALES»

Explotación avícola de produción de ovos.

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-76.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0077_NAA/IPPC_156.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

NIF: F32390593.

Localización da instalación: lugar Vales, s/n, 32170 Amoeiro (Ourense). Referencia catastral da parcela: 32003A080004870001UZ.

Actividade principal: explotación avícola de galiñas reprodutoras destinada á produción de ovos para a súa posterior incubación.

Descrición: a explotación conta con capacidade para 42.000 galiñas reprodutoras e está conformada por 2 naves con cadanseu silo de almacenamento de penso de 16 m3.

• Nave 1: 105 × 12 m.

• Nave 2: 85 × 12 m.

O proceso produtivo empeza coa entrada nas naves dun lote de galiñas con 17 a 20 semanas de idade procedentes de explotacións de recría. O sistema de aloxamento é en gaiolas acondicionadas en baterías superpostas. A duración dos ciclos produtivos é de aproximadamente 45 semanas. Os ovos producidos polas galiñas recóllense automaticamente por medio de cintas transportadoras que existen en cada batería de gaiolas. A cinta transporta os ovos ata unha mesa onde son clasificados por tamaño e introdúcense en oveiras que se colocan en carros para seren enviados á cámara de ovo e, posteriormente, á cámara de conservación. Finalmente, os ovos son retirados diariamente por camións con destino ás plantas de incubación.

A totalidade do esterco producido na explotación será enviado a un xestor autorizado. Para o almacenamento do esterco, a explotación contará cunha esterqueira impermeable cuberta con depósito de lixiviados.

Verteduras:

– Augas de limpeza das instalacións; que se recollen en 8 depósitos estancos para o seo posterior envío a xestor autorizado, se for necesario.

– Augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios do persoal e augas da vivenda do encargado, as cales son conducidas a un sistema de depuración cun punto de vertedura por infiltración ao terreo.

– Actualmente, existe unha balsa de recollida de pluviais anexas ao peche perimétrico que ten unha función de estanque natural. Para evitar a incorporación das augas pluviais de escoamento de chuvia procedentes do exterior do recinto da explotación existen desvíos de auga como cunetas perimétricas.