A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu consello de administración. Pola súa parte, o artigo 4, número 2, do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do Regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, determina que o vogal representante do persoal será nomeado polo Consello de Administración por proposta do órgano ou órganos que representan o persoal do Intecmar.
En consecuencia, por proposta do Comité de Empresa do Intecmar,
DISPOÑO:
O cesamento de Jesús Adolfo Mouriño Reboredo como vogal no Consello de Administración do Intecmar, en representación do persoal do instituto, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar