Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51136

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Galega de Confrarías,

DISPOÑO:

O nomeamento de Javier Sánchez Fernández como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación do sector pesqueiro.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar