Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2020 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños B. IV e Apolo.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas B. IV e Apolo, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 5 de novembro de 2020, Antonio Juncal Portas (***0714**) e José Luis Iglesias García (***5317**) solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas B. IV e Apolo.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente consta o informe técnico preceptivo.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños.

Vistos os antecedentes citados, e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve outorgarlles a Antonio Juncal Portas (***0714**) e José Luis Iglesias García (***5317**) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: B. IV.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 343.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titulares: Antonio Juncal Portas (***0714**) e Benita Portas Valle (***1173**).

Subtipo: batea.

Nome: Apolo.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 179.

Polígono: A.

Distrito: Cambados.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: José Luis Iglesias García (***5317**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: B. IV.

Localización: cuadrícula nº 179.

Polígono: A.

Distrito: Cambados.

Subtipo: batea.

Nome: Apolo.

Localización: cuadrícula nº 343.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de decembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo